Restricións ao tráfico en Ponte Sampaio o próximo 11 de maio pola rodaxe de 'Un asunto privado'
Por Redacción
O Concello de Pontevedra pechará parte da parroquia de Ponte Sampaio con motivo da gravación da serie 'Un asunto privado' da produtora Bambú.
Será o vindeiro 11 de maio, e pecharán de forma intermitente a ponte romana, cun máximo de 5 minutos entre as 11:00 e as 18:00 horas.
O operativo de tráfico prevé a sinalización dos puntos de corte, na que se incluirá a franxa horaria de xeito continuo para que os usuarios e usuarias eviten a ponte e utilicen itinerarios alternativos. Esta medida está orientada a acadar a diminución da presión na zona de gravación, así como as esperas que se puideran ocasionar.
Tamén restrinxirán o estacionamento en tres puntos a carón da ponte romana, desde as 8:00 horas do mesmo 11 de maio. Durante o operativo tamén colaborará a Policía Local de Soutomaior.