O novo vial da Caeira xa está operativo e a disposición da veciñanza
Por Redacción
O núcleo da Caeira conta desde hai uns días cunha nova rúa. Trátase dun vial que conta con todos os servizos necesarios e que conecta as rúas Río Sil e Umia. Dita rúa, de sentido único, xa está totalmente operativa, logo da finalización dos traballos acometidos pola adxudicataria, que foi a empresa EC Casas.
A tenente de alcalde, Chelo Besada, lembra que os traballos deron comezo a principios deste mesmo ano, logo de que o Concello se vira na obriga de volver a sacar a licitación o proxecto.
Isto foi debido ao cese de actividade repentino da empresa Nexia Infraestruturas, que provocou que a administración local tivese que reiniciar a tramitación de diferentes actuacións que a constructora non chegou a executar no municipio.
No caso do vial da Caeira, o orzamento ascendendo a algo máis de 72.000 euros, IVE engadido, e contou cun prazo de execución de catro meses.
Ao longo dos seus máis de 100 metros de extensión, esta rúa conta con todo o equipamento necesario para garantir a seguridade peonil, ao dispor de novas beirarrúas de 2,5 metros de ancho. Ademais, tamén se procederon a habilitar unhas 15 prazas para o estacionamento de vehículos. A maiores, a infraestrutura conta coas pertinentes redes de abastecemento, saneamento e telecomunicacións, así como con mobiliario urbano e novas luminarias.
Chelo Besada amosou a súa satisfacción pola conclusión das obras, xa que "serven para dar vida a unha nova rúa que prestará un servizo moi importante aos veciños e veciñas, ao ser unha zona de moito tránsito de peóns, e que tamén permitirá axilizar o tráfico rodado".
Relacionadas:
-
As obras do novo vial da Caeira estarán rematadas antes de verán
Por Redacción |
-
Poio adxudica de novo o contrato para construir un vial na Caeira
Por Redacción |
-
O Concello de Poio retoma os procesos para finalizar a construción do novo vial da Caeira
Por Redacción |
-
Preocupación en Poio pola paralización das obras na Seara e no novo vial da Caeira
Por Redacción |