Segundo ano sen Festa da Troita de Ponte Caldelas
Por Redacción
A actual crise sanitaria da covid-19 obrigou a suspender, por segundo ano consecutivo, a Festa da Troita de Ponte Caldelas. Como xa sucedeu en 2020, o Concello decidiu cancelar a celebración "por responsabilidade".
A festa gastronómica, declarada de Interese Turístico, debería celebrarse a última fin de semana do mes de maio, pero este 2021 non haberá celebracións.
O Concello de Ponte Caldelas xa pensa no ano 2022 e asegura que o evento gastronómico "volverá con máis impulso o ano que vén".
Ademais, o Concello lembra a través dun comunicado que desde a chegada do novo goberno local en 2016 esta festa emprendeu unha andaina por todas as aldeas de Ponte Caldelas que fixo que a festa se convertese nun símbolo de orgullo e unión veciñal, onde tan importante é degustar as troitas como as ducias de sobremesas preparadas pola veciñanza de cada un dos lugares.
Relacionadas:
-
Maio volverá a ser 'troiteiro' en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Pescan no río Verdugo unha troita de dous quilos e medio
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Caldelas non poderá celebrar festa, pero si ofrecerá troitas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas cancela a Festa da Troita ata 2021 por "responsabilidade"
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas cancela todos os concursos da Festa da Troita
Por Redacción |