Os traballos de reforma da Rúa da Ponte adaptaranse ás horas punta do tráfico
Por Redacción
As obras de mellora da mobilidade peonil da Rúa da Ponte comezaron este luns co picado da beirarrúa máis próxima á Alameda.
Montajes Iglesias SL, empresa adxudicataria dos traballos, delimitou con valado todo o espazo de traballo e instalou semáforos de obra para regular o tráfico rodado durante as horas de traballo.
A empresa respectará as horas puntas para evitar retencións e por iso entre as 8.30 e as 9.00 e de 14.00 a 14.30 horas estarán funcionando os dous carrís de circulación. Trátase das horas de entrada e saída dos centros educativos do casco urbán que coinciden tamén coa hora de apertura e peche dos negocios e comercios da vila, polo que é importante que haxa fluidez de tráfico.
A mellora da mobilidade peonil na rúa da Ponte custará de 67.591 euros. Actualmente, as beirarrúas son moi estreitas e, en determinados tramos, resulta complicado para peóns poder camiñar por elas sen ter que baixar á estrada, o que se supón un importante risco para a seguridade vial. A dificultade é aínda maior se o que se quere é pasar nunha cadeira de rodas ou un carriño de bebé.
O Concello de Ponte Caldelas impulsa este proxecto de mellora da rúa que contempla a ampliación e empedrado das beirarrúas, a instalación de mobiliario urbano e a colocación de xardiñeiras e papeleiras.
Con esta obra exténdese a liña estética da Praza do Bispo ata a ponte románica, que tamén se atopa empedrada, creando un espazo máis uniforme a nivel estético e práctico.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas presume das obras feitas "a custe cero" para os veciños
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas estrea pasos de peóns cun pintado especial
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas iniciará o luns a humanización da Rúa da Ponte
Por Redacción |
-
Adxudicada a obra da rúa da Ponte para facilitar o tránsito de peóns
Por Redacción |
-
Presentan dezaseis ofertas para a reforma da Rúa da Ponte
Por Redacción |