Aprobadas as catorce solicitudes presentadas ás subvencións municipais para proxectos das ANPAS
Por Redacción
A comisión de valoración das subvencións destinadas a Asociacións de Nais e Pais de Alumnos reuniuse coa finalidade de emitir unha proposta provisional relativa á convocatoria do curso escolar 2020/2021. Avaliados os expedientes de solicitudes presentados, verificouse que as 14 instancias recibidas polo Concello de Pontevedra cumpren con todos os requisitos. A partida destinada para estas solicitudes suma un total de 24.670 euros.
Estas subvencións están orientadas a financiar as accións e proxectos desenvolvidos no eido educativo polas ANPA de centros escolares mantidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de primeiro ou segundo ciclo de Educación Infantil e/ou ensinanzas obrigatorias, e para os que se concederon axudas de entre un 30 e un 50% dos orzamentos presentados, ata un máximo de 2.000 euros.
O edil de Educación, Tino Fernández, avanza que os colexios "disporán agora de 10 días hábiles para presentar posibles reclamacións ou correccións, antes de que a Concellería de Educación emita a proposta definitiva e as subvencións se aproben en Xunta de Goberno".
O Concello de Pontevedra aprobou as subvencións para as seguintes ANPAS e iniciativas:
- Anpa Bolboreta CEIP Cabanas: instalación de horto escolar
- Anpa Xeve: Familias na Educación e no Lecer
- Anpa O Miradoiro: actividades extraescolares, saídas culturais, mellora do centro e diversas festas
- Anpa Andaina CEIP A Xunqueira II: acción no eido da educación
- Anpa Virxe do Carme CEIP Ponte Sampaio: diversas actividades
- Anpa Anduriña EEI Concepción Crespo Rivas: festas e material para o colexio
- Anpa Anduriña EEI Concepción Crespo Rivas: banco de préstamo de libros de texto, obradoiro de Inglés, curso de técnicas de estudo, taller para afrontar os exames ABAU e acto de graduación de 2º de Bacharelato
- Anpa Pardo Bazán: Crecendo Xuntos
- Anpa San Martiño CEIP San Martiño (Salcedo): actividades educativas de convivencia e de conciliación no curso 2020-2021
- Anpa San Pedro do CEIP Parada (Campañó): memoria con diversas actividades
- Anpa O Areeiro: actividades de Nadal, Samaín, Entroido, Día do Libro, horta escolar, material de prevención contra a Covid-19, excursións de socios e xornadas
- Anpa O Verxel: varias actividades e proxectos
- Anpa San Xosé do CEP Campolongo: diversas actividades
- Anpa Vilaverde: festa de Nadal, campamento e cross escolar