Alumnado do IES de Poio inicia o DepoRúArte cunha xornada de concienciación ecolóxica
Por Redacción
Este mércores 12 comeza o programa DepoRúArte, unha proposta que quere concienciar á xente máis nova sobre a importancia do cambio climático. O primeiro centro que acollerá as actividades desta iniciativa da Deputación de Pontevedra será o IES de Poio, para despois desenvolverse actividades no IES Illa de Tambo, de Marín; o IES de Soutomaior, o IES Terra de Turonio en Gondomar e o IES Pintor Colmeiro de Silleda.
Durante a primeira sesión ofrecerase unha explicación a un grupo de 16 estudantes de 4º de ESO sobre a importancia da concienciación social sobre os cambios climáticos e como afectan á vida diaria. A finais deste mes de maio realizarase unha acción artística nos muros do centro en relación coa temática elixida dentro do programa por parte do alumnado, que neste caso céntrase na vida submarina.
Nesta xornada revisarase a función dos océanos e a necesidade dunha xestión correcta deste espazo para garantir un futuro sostible. Analizarase tamén por parte de persoal especializado sobre a importancia da auga potable, o clima, as costas, a alimentación ou a calidade do osíxeno que se respira. Dentro deste marco prestarase especial atención á deterioración das augas costeiras debido á contaminación e á acidificación dos océanos e os efectos que esta situación provoca na biodiversidade.
A Deputación de Pontevedra realiza estas sesións coa intención de concienciar sobre a importancia da contorna natural e o uso de enerxía non contaminante.
Relacionadas:
-
O alumnado do IES de Poio pide habilitar carrís bici no municipio
Por Redacción |
-
A vida submarina, motivo do mural do IES Poio en DepoRuarte
Por Redacción |
-
Máis de 2.100 escolares da provincia participaron no programa DepoRúARTE
Por Redacción |
-
A iniciativa DeporúARTE seque enchendo a provincia de murais con mensaxe
Por Redacción |