Comeza o proceso de expropiación de terreos para mellorar a ligazón da Autovía do Salnés en Sanxenxo
Por Redacción
A Xunta convoca para os próximos meses de xuño e setembro aos propietarios dos terreos necesarios para executar as obras de mellora da capacidade da ligazón da autovía do Salnés coa estrada PO-504 en Sanxenxo.
O acto expropiatorio de levantamento de actas previas está fixado para o 10 de xuño no salón de plenos do Concello de Sanxenxo, de 10 a 13 horas. Para a convocatoria de pago dos depósitos previos e formalización das actas de ocupación, os titulares dos terreos están citados o día 16 de setembro.
O acto levará a cabo con todas as precaucións para evitar contaxios por covid-19 e os titulares das leiras deben acudir con máscara e só as persoas estritamente necesarias. En caso de presentar síntomas compatibles coa enfermidade, non deben acudir.
Esta intervención da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade atópase en proceso de contratación e supón un investimento próximo aos 340.000 euros. Os traballos teñen un prazo de execución de 12 meses e o obxectivo é poñelos en marcha despois do verán.
Relacionadas:
-
Adxudicada a mellora da conexión da Autovía do Salnés coa PO-504 en Sanxenxo
Por Redacción |
-
A Xunta construirá en Sanxenxo unha senda peonil na contorna da Autovía do Salnés
Por Redacción |
-
O DOG publica o decreto de expropiacións para a reforma do enlace da Autovía do Salnés en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Infraestruturas aproba a mellora da ligazón da VG-4.1 coa PO-504 en Sanxenxo
Por Redacción |