Un camión con madeira envorca en Meis e derrama parte do seu combustible
Por Redacción
Un camión que transportaba madeira sufriu un accidente de tráfico na PO-531, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Meis.
O suceso rexistrouse sobre as cinco da tarde no quilómetro 12 desta estrada cando o camión acabou envorcado sobre a vía, derramando parte do seu combustible.
O condutor do camión resultou ileso, segundo confirmou o 112 Galicia.
Ao lugar desprazáronse os Bombeiros de Ribadumia, efectivos da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil de Meis, xunto cunha ambulancia do 061.
O persoal do servizo de mantemento da estrada levou a cabo tarefas de limpeza na estrada, para restablecer as condicións de seguridade na vía.