Krack Zapaterías, premio Peme do Ano 2020 da Cámara de Comercio
Por Redacción
A empresa Krack Zapaterías, S.L. foi recoñecida co premio Peme do Ano 2020 que entrega a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa e co que a entidade recoñece o labor das pequenas e medianas empresas como xeradoras de riqueza e creadoras de emprego no desempeño do seu labor cotián.
Nesta segunda convocatoria participaron máis de 100 pemes pertencentes á demarcación cameral, de menos de 250 empregados, cunha facturación anual inferior aos 50 millóns de euros no exercicio 2018 e con sede social nesta provincia.
Nas súas valoracións, o xurado tamén recoñeceu cun premio aspectos como o incremento da actividade e mellora dos resultados da empresa ou a creación de emprego, entre outras distincións.
Así, o premio á internacionalización foi para Hermasa Canning Teechnology, S.L., a gañadora do premio á dixitalización e a innovación foi Esypro Manutención, S.L.U.; o premio á formación e o emprego distinguiu a Toca Salgado, S.L.; e o da empresa responsable foi para Lacados Digoin, S.L. e
A mención especial á mellor iniciativa na loita contra a covid‐19 recaeu en Cristalería Pontevedresa.