O PP recomenda a Lores que siga o exemplo de Ana Botella e baixe os impostos
Por Oskar Viéitez
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, recomendou ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que tome exemplo doutros gobernos municipais, como o de Madrid, do que é alcaldesa Ana Botella,"que están afrontando bajadas de impuestos y tasas, o que como mínimo imite al ejecutivo central y congele todo tipo de tributos para lo próximo año 2014".
Os populares propoñen ao goberno local unha baixada xeneralizada de impostos ás pequenas empresas e familias numerosas xunto ao incremento dunha serie de incentivos fiscais cuxa merma de ingresos nas arcas municipais sería compensada coa subida do imposto de actividades económicas (IAE) a Ence e Elnosa para aumentar a recaudación.
Os populares insisten na batería de medidas suscitada fai agora un ano aportando algunhas novidades. En resumo a proposta contempla:
- Elevar dos 12 ata os 100 euros o límite que exime do imposto sobre bens inmuebles (IBI) rústico. O motivo é que o Concello só ingresa 15.000 euros ao ano por este concepto cun "gran esforzo de xestión".
- Subir a actual bonificación do IBI ás familias numerosas, do 10 ao 30 % no caso das carácter xeral (3-4 fillos) e do 30 ao 50 % nas de carácter especial (5 ou máis fillos).
- Introducir por Ordenanza unha bonificación do 95% para os inmuebles dos organismos públicos de investigación e os de ensino universitario.
- Subir do 50 ao 75 % a rebaixa do imposto sobre instalacións, construcións e obras (ICIO) para construcións que incorporen sistemas de aproveitamento térmico ou de enerxía solar. E rebaixar o 50 % para aquelas construcións que incorporen condicións de acceso e habitabilidade para discapacitados.
- Modificar a ordenanza fiscal para corrixir o exceso de recaudación da taxa de saneamento ao cobrar de forma encuberta o importe que teóricamente corresponde a depuración. Segundo Moreira "por este servizo que realmente non se está a prestar houbo un exceso de recadación de 6,9 millóns de euros en 8 anos".
- Sobre as taxas de obra (auga, saneamento e lixo) que se corresponda co uso comercial. Tamén apostan por que o mínimo da taxa de auga pase a 15 metros cúbicos máis a lectura do contador.
A merma na recadación de todos estes impostos sería compensada cunha subida do IAE ás empresas Ence e Elnosa. Jacobo Moreira propón duplicar o coeficiente de situación do Imposto de Actividades Económicas, é dicir que o Concello o suba ao tope legal, pasando do 1,9 % actual ao 3,8 %.
O que se perdería de recadación por todas estas baixadas e bonificacións sería compensado cos ingresos procedentes das fábricas situadas en Lourizán, unha cifra situada en torno aos 150.000 euros.