Pontevedra tamén di non á violencia vicaria: "Ningún maltratador é bo pai"
Por Redacción & Cristina Saiz
A praza de España de Pontevedra sumouse este luns ás concentracións convocadas en toda España para dicir "basta" á violencia vicaria, unha forma de violencia machista na que os pais usan aos seus fillos como arma arreboladiza contra as mulleres.
A concentración, convocada por Federación de Asociacións Consello Nacional de Mujeres Resilientes á Violencia de Xénero, contou coa colaboración do Colectivo Feminista de Pontevedra e reuniu a apenas unha decena de persoas na praza de España. Os asistentes portaban o cartaz: "Ningún maltratador é bo pai"-
A asociación convocante elaborou tamén un manifesto dirixido aos ministerios de Xustiza e de Igualdade, e a todo o goberno central. Indican que con motivo do mediático caso de Rocío Carrasco está a visibilizarse a "peor das violencias que un home pode exercer contra a súa exparella, maltratando de maneira brutal ás súas criaturas".
A violencia vicaria é a que exerce o pai de familia contra os seus fillos para seguir maltratando a súa exparella. Segundo sinalan estes colectivos, actualmente estas situacións violentas contan co respaldo absoluto das institucións e do sistema xudicial ao completo, converténdose "nuns malos tratos institucionais para as nais e para as criaturas".
Relatan diferentes casos como o de Verónica Saldaña en que existe unha orde de afastamento de tres anos do seu maltratador, pero o xuíz ameazouna con "arrincarlle aos seus dous fillos xemelgos se non os entrega de inmediato ás visitas co pai". Ou o de Patricia González, que a pesar de ter a custodia da súa filla, leva sen vela dous anos. No xuízo, a Fiscalía pide tres anos de prisión e seis de retirada da patria potestade. E esta semana, o fillo de María Sevilla no alto risco por estar condenado a vivir co seu verdugo. Denuncian que ata a data o sistema de protección non fixo nada, confirmándose pola Audiencia a condena para María a dous anos e catro meses de prisión e catro de retirada da patria potestade.
Relacionadas:
-
RADIO.- Falamos de malos tratos psicolóxicos, "da forza da voz para facer dano"
Por Marisa Ciordia |
-
A "intolerable" violencia vicaria saca á rúa a políticos e institucións
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Concentracións de dor e repulsa contra a violencia machista
Por Redacción |
-
Convocada unha concentración contra a violencia vicaria o 17 de maio na Praza de España
Por Redacción |