O ximnasio e a piscina municipal retoman a actividade en Sanxenxo
Por Redacción
A actividade volveu este martes ao ximnasio e piscina municipal de Sanxenxo cun aforo limitado ao 50%, un estrito protocolo anticovid e un reforzo na limpeza.
Para garantir un correcto uso das instalacións e garantir unha ocupación racional e controlada establecéronse quendas con e sen reserva por franxas horarias e con limpeza posterior tras a actividade.
Na piscina a entrada non precisará, polo momento, reserva xa que os cursos pospóñense a xullo. A partir de agora, os usuarios do ximnasio que acudan sen reserva deberán respectar o tempo de uso marcado e non poderán superar en ningún caso as 27 persoas na sala.
Os que o fagan con reserva deberán facelo a través a aplicación DeporWeb destinada a socios e abonados.
Tanto o ximnasio como a piscina reabren cunha profunda renovación que inclúe nova maquinaria do ximnasio o que permitiu habilitar dúas zonas novas, unha funcional e outra de abdominais e estiramentos, así como novos despachos de billetes e biombos nas duchas dos vestiarios.
Na piscina renovouse o sistema de impulsión de aire e colocáronse dúas novas duchas na piscina pequena. En todos os espazos realizouse un pintado xeral, un rejuntado de plaquetas e un cambio no sistema da iluminación a luces tipo LED, e procedeuse á limpeza de todos os condutos de ventilación das diferentes zonas.
Finalmente, lembrar que aos usuarios que teñan bonos activos pendentes de 10 ou 15 sesións conservaráselles a caducidade de antes do peche e aos cursillistas en activo en marzo do ano pasado reservaráselles a praza para a próxima tempada co primeiro mes gratis.
Relacionadas:
-
A piscina e o ximnasio municipal de Sanxenxo achéganse ás cifras previas á pandemia
Por Redacción |
-
Nova sauna con madeira de abeto para a piscina municipal de Sanxenxo
Por Redacción |
-
A piscina municipal e o ximnasio de Sanxenxo reabrirán en maio de forma graduada
Por Redacción |
-
Sanxenxo aproveita o peche do ximnasio e a piscina pola covid-19 para facer unha renovación profunda
Por Redacción |