Ponte Caldelas abre o procedemento para a contratación de tres socorristas para a Praia Fluvial
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas abre o proceso de selección para a contratación dos tres socorristas que prestarán servizo na Praia Fluvial da Calzada.
As bases establecen como requisitos a esixir, entre outras cuestións, contar coa titulación de socorrista acuático, e estar inscrita no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia na seccións ‘Socorrista en Espacios Acuáticos Naturais’.
O contrato, rexido polo convenio de Instalacións Deportivas e Ximnasios, estenderase dende o 15 de xuño ó 14 de setembro e as persoas contratadas recibirán un salario bruto mensual de 1.232 euros e disporán de dous días libres á semana.
A Praia Fluvial da Calzada foi distinguida novamente en 2021 coa Bandeira Azul, un galardón que obtivo por primeira vez en 2015 e que xunto co do Sendeiro Azul do Río Verdugo, obtido en 2016, destacan a calidade e o valor natural e paisaxístico deste entorno.