Buscan a persoa que abandonou un gato dentro dunha bolsa de plástico nun contedor
Por Redacción
Axentes da Policía Local de Poio lograban rescatar un pequeno gato abandonado nun contedor da rúa Orgodomonte na parroquia de San Xoán. Segundo indican, o animal atopábase dentro dunha bolsa de plástico e presentaba signos evidentes de asfixia.
Os axentes lograron que, polo momento, o pequeno felino se manteña con vida e trasladaron o gato ás instalacións da protectora animal A Canceira de Poio coa intención de que se poida recuperar totalmente.
Desde a Policía Local de Poio fan un chamamento á cidadanía para que achegue calquera pista que axude a localizar a persoa responsable desta acción sancionable.
Segundo a Lei de Protección e benestar dos animais de compañía de Galicia aprobada en 2017 esta actuación contémplase dentro do artigo 39 como unha infracción grave ao causar dor, sufrimento, lesións ou danos non invalidantes nin irreversibles. Este abandono e malos tratos, segundo a mesma normativa, estaría castigado con multas que se sitúan entre 501 e 5.000 euros.
Relacionadas:
-
Denunciado un veciño de Poio por matar un gato cunha escopeta de aire comprimido
Por Redacción |
-
Denuncian a presenza dunha egua no Morrazo coas patas dianteiras atadas
Por Redacción |
-
Rescatan tres crías de gato xunto a un colector de lixo en Poio
Por Redacción |
-
Cadeliños denuncia o envelenamento dunha colonia de gatos en Campelo
Por Redacción |
-
Meten cinco gatos recén nacidos nun saco para abandonalos ante uns colectores de lixo en Campelo
Por Redacción |