Un movemento sísmico de 3,9 graos en Laza durante a noite fai tremer varios puntos das Rías Baixas
Por Redacción
O municipio ourensá de Laza converteuse nun epicentro continuo de pequenos terremotos. Nos últimos sete días detectáronse máis de cincuenta movementos de terra. O de maior intensidade apreciábase durante este venres 21 de maio ás 00.35 horas (hora local); 22.35 horas do día 20, segundo a hora UTC.
A magnitude deste último movemento sísmico acadou os 3,9 graos na escala de Richter, segundo os datos recollidos polo Instituto Xeográfico Nacional, o máis intenso rexistrado nos últimos anos.
O tremor aprezouse practicamente en toda a comunidade autónoma e en diversos puntos das Rías Baixas acadábase un nivel III de intensidade automática. O Instituto Xeográfico Nacional recolle numerosas localidades nas que se notificou a existencia do movemento como A Baiuca, en Meaño; Soutomaior; en Aguete, en Santa María do Porto, en Seixo, na Rúa Nova ou Vilaseca, no municipio de Marín; tamén se sentía en San Amaro e na Barrosa en Sanxenxo; en Cornazo (San Pedro), en Vilagarcía de Arousa; en Caldas de Reis ou en Tourón, en Ponte Caldelas.
A Camboa, A Esculca, A Ermida, Mollavao, Mourente, San Pedro de Tomeza e Valdecorvos foron os puntos nos que o tremor se notou pola cidadanía no municipio de Pontevedra. En todos estes casos, segundo os especialistas en movementos sismográficos, sentíase nos interiores de vivendas con vibracións como se fose o paso dun camión pequeno e de duración apreciable. Así o manifestaban algúns usuarios na rede social Twitter:
Alguén notou un terremoto na zona de Pontevedra?
— Noemia (@NoemiaVG) May 20, 2021
Relacionadas:
-
Catro terremotos no Atlántico, un deles de 4,6 graos, fan tremer Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- 2021 será un ano excepcional en canto a sismicidade en España, xa superou os 18.000 terremotos
Por Marisa Ciordia |
-
Rexistrados dous pequenos terremotos en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Rexistrado un terremoto de magnitude 3 fronte ao Grove
Por Redacción |
-
A Fracha, epicentro dun sismo de magnitude 2
Por Oskar Viéitez |
-
Cinco terremotos fan tremer Vilaboa nunha marxe de catro horas
Por Alejandro Espiño |