Fitur premia o audiovisual 'Sigue o teu instinto' da Deputación
Por Oskar Viéitez
O audiovisual da campaña de turismo da Deputación de Pontevedra no ano 2020 'Sigue o teu instinto' comeza a súa andaina polos circuítos de premios turísticos "transitando polo mesmo camiño de recoñecemento" que xa percorreu o vídeo promocional da anterior campaña de 2019 da Deputación 'Fame de Experiencias?' que colleitou 14 premios.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou que a cinta protagonizada pola actriz Celia Freijeiro "acaba de conseguir en FITUR o primeiro premio ao mellor produto turístico nos FITUR Travel Video Competition".
Ao galardón, que foi recollido esta mañá no IFEMA pola deputada Ana Laura Iglesias e o equipo de Turismo da Deputación, presentáronse 86 cintas, foron seleccionadas 72 e á final chegaron a Deputación de Pontevedra, Palma de Mallorca e Valladolid, sendo a cinta da institución provincial a gañadora.
Con este recoñecemento 'Sigue o teu instinto' xa suma 4 premios internacionais, o acadado na categoría de Ecoturismo nos Golden City Gate de Berlín, onde competía con 122 películas de 23 países, e outros dous galardóns que xa foron comunicados pero que aínda non se poden facer públicos ao non seren anunciados.
O director do Comité Internacional de Festivais Audiovisuais Turísticos (CIFFT), Alexander V. Kammel, "achegouse ao persoal da Deputación que aínda está en FITUR, a deputada de Turismo e a xefa do servizo, para comunicarlles que os vídeos desta administración están namorando a todo o mundo", sinalou Carmela Silva.
O premio a 'Sigue o teu instinto' non foi o único motivo de alegría do paso da Deputación de Pontevedra por FITUR. Na feira, a institución recolleu na gala celebrada na Galería de Cristal do Palacio de Cibeles as 11 Q de Calidade ás oficinas de atención turística adheridas á rede Info Rías Baixas, as 3 propias da Deputación (Palacete das Mendoza, Aeroporto de Vigo e Armenteira en Meis) e nas dos concellos da Illa, A Estrada, Cangas, Nigrán, Sanxenxo, Baiona, Caldas e Poio.
Ademais, Pontevedra Provincia consolidouse como o primeiro destino en SICTED de España en número de establecementos distinguidos, e non só iso, senón que a traballadora de Turismo Rías Baixas Elina González acadou un dos Premios SICTED como a segunda mellor xestora deste distintivo de calidade en todo o Estado español.
Relacionadas:
-
O destino turístico Sanxenxo promociónase en Fitur co sorteo de dez escapadas de dous días
Por Redacción |
-
O vídeo promocional 'Sigue o teu instinto' xa suma unha decena de premios internacionais
Por Redacción |
-
Cuarto premio internacional para unha peza audiovisual que promociona as Rías Baixas como destino turístico
Por Redacción |
-
Feijoo defende en Sanxenxo que Galicia é un destino turístico seguro
Por Redacción |
-
Novo premio para a campaña da Deputación "Sigue o teu instinto"
Por Redacción |
-
Alfombra vermella para o primeiro grupo de xubilados que chega a Vilanova de Arousa desde o inicio da pandemia
Por Anxo Lourido |
-
A Deputación, satisfeita pola acollida da súa campaña 'É o teu momento' en Fitur
Por Redacción |
-
Sanxenxo recolle os seus 13 distintivos "Q" de Calidade
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación anima en Fitur a "recuperar a felicidade" visitando as Rías Baixas "un lugar que enamora"
Por Oskar Viéitez |
-
Feijóo reivindica a Galicia en Fitur como "uno de los destinos más seguros del mundo"
Por Oskar Viéitez |