Tres hospitalizados menos e baixada de casos activos na área sanitaria ata os 343 afectados
Por Diego Espiño
O balance sobre a afectación da covid na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés ofrece un pequeno respiro este domingo 23 de maio mellorando os seus indicadores, segundo reflicte a actualización de datos ofrecida ás 10.00 horas polo Servizo Galego de Saúde.
Nesa actualización fíxanse en 343 os casos activos de coronavirus na área sanitaria pontevedresa, o que supón unha redución de 28 con respecto ao sábado. Esta baixada se cimenta nas 41 altas epidemiolóxicas que se produciron, unido a unha cifra de contaxios que baixou a 13 novos positivos.
A baixada reflíctese á súa vez na presión nos hospitais, con tres pacientes menos ingresados afectados polo virus. En total son 19 as persoas que precisan de atención hospitalaria, das 14 atópanse en planta no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 5 evolucionan na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo.
Desde o inicio da pandemia superaron a covid 13.624 na área sanitaria, contabilizándose 177 falecementos de pacientes con positivo activo.
En canto á realización de test de detección, nas últimas 24 horas realizáronse 640, que se engaden aos 232.791 efectuados con anterioridade.
DATOS DE GALICIA
A nivel autonómico Galicia conta este domingo 23 de maio con 2.656 casos activos, o que supón un descenso de 29. Deles permanecen hospitalizados en planta 108 persoas (sen cambios) e 30 evolucionan na UCI (unha menos).
Na comunidade contabilizáronse 2.410 falecementos asociados ao virus, sen cambios nas últimas horas.
Relacionadas:
-
Balance de covid na área sanitaria ao 26 de maio: 16 novos contaxios e 318 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Montecelo mantén 4 pacientes con covid na UCI e 14 en planta, con 325 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Baixan a 333 os casos activos de covid na área sanitaria tras un domingo con 17 contaxios detectados
Por Diego Espiño |
-
Leve incremento de hospitalizados e de casos activos de covid na área sanitaria, con 371
Por Diego Espiño |
-
Segue o descenso de casos activos na área sanitaria e só permanecen 20 pacientes hospitalizados por covid-19
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Novo falecemento de paciente covid-19 en Montecelo, unha muller de 91 anos
Por Redacción |
-
O Comité Clínico sitúa a Cambados, Vilanova de Arousa, Moraña e Ponte Caldelas en nivel alto de restricións
Por Redacción |
-
A área sanitaria de Pontevedra, por debaixo de 400 casos activos e con 26 hospitalizados
Por Alejandro Espiño |