Baixan a 333 os casos activos de covid na área sanitaria tras un domingo con 17 contaxios detectados
Por Diego Espiño
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés inicia unha nova semana con 333 casos activos de covid, o que supón un descenso de 10 na última xornada.
Así o indica a actualización dos datos oficiais da pandemia realizada ás 10.00 horas deste luns 24 de maio polo Servizo Galego de Saúde.
Segundo eses datos a área pontevedresa contabilizou 17 novos contaxios, aínda que cunha cifra baixa de probas PCR realizadas (270). En todo caso as altas epidemiolóxicas ascenderon a 27, o que permitiu unha xornada máis reducir os casos totais.
Onde non hai cambios é na presión hospitalaria, aspecto no que do mesmo xeito que o domingo permanecen ingresadas 19 persoas no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, das que 14 evolucionan en planta e 5 fano na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo.
Desde o inicio da pandemia superaron o coronavirus 13.651 pacientes da área sanitaria, rexistrándose 177 falecementos de persoas con positivo por covid activo.
DATOS DE GALICIA
A nivel autonómico Galicia conta este luns 24 con 2.624 casos activos, o que supón un descenso de 32 nas últimas 24 horas. Na comunidade 112 persoas afectadas polo virus permanecen ingresadas nunha planta hospitalaria (catro máis) e 32 evolucionan na UCI (dúas máis).
Galicia contabilizou ademais 2.411 falecementos asociados á pandemia, tras sumar un máis na última xornada.
Relacionadas:
-
Balance de covid na área sanitaria ao 26 de maio: 16 novos contaxios e 318 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Unha muller de 71 anos ingresada en Montecelo eleva a 178 as vítimas da covid-19 na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
Montecelo mantén 4 pacientes con covid na UCI e 14 en planta, con 325 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Tres hospitalizados menos e baixada de casos activos na área sanitaria ata os 343 afectados
Por Diego Espiño |
-
Leve incremento de hospitalizados e de casos activos de covid na área sanitaria, con 371
Por Diego Espiño |
-
Segue o descenso de casos activos na área sanitaria e só permanecen 20 pacientes hospitalizados por covid-19
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Novo falecemento de paciente covid-19 en Montecelo, unha muller de 91 anos
Por Redacción |
-
O Comité Clínico sitúa a Cambados, Vilanova de Arousa, Moraña e Ponte Caldelas en nivel alto de restricións
Por Redacción |