O Ganapán propón receitas de biscoito e ‘mousse’ e a confección de farois e piñatas para esta fin de semana
Por Redacción
O programa de lecer infantil O Ganapán, impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo e destinado ao público infantil con idades dos 4 aos 10 anos, propón para esta última fin de semana de maio talleres de cociña e creatividade.
A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, avanza en que van consistir este talleres. "Os nenos que participen no Espazo Gastro do Ganapán este sábado 29 de maio terán a oportunidade de elaborar un biscoito saudable, sen glute, e moi esponxoso, cunhas ricas mazás e un pouco de maña, un doce que poderán comer a calquera hora do día: almorzo, sobremesa, merenda…", explicaba a edil socialista, ao tempo que engadía que "nesa mesma mañá, dentro do Espazo Crea, levarase a cabo un obradoiro no que se reciclarán rolos de papel hixiénico para crear piñatas de cores, ideais para gardar caramelos e doces".
Para a xornada do domingo 30 de maio, o taller de cociña estará dedicado á preparación dunha ‘mousse’ con mango. Na parte de manualidades, a partir da reutilización duns cartóns de leite os pequenos confeccionarán uns faroliños de man para alumear as noites.
Para as actividades de cociña, desde o Concello lémbrase que os participantes deben traer a súa friameira para levar a casa as súas creacións.
Todos aqueles interesados en participar deberán reservar previamente a súa praza a través do email oganapan@gmail.com, pechándose as inscricións ás 16:00 horas da xornada anterior á celebración das actividades, que se desenvolverán, tanto o sábado 29 como o domingo 30 de maio, en dúas sesións: ás 11:00 e ás 12:30 horas no primeiro andar do Mercado de Abastos de Pontevedra na rúa Serra.
Relacionadas:
-
O Mercado acollerá unha charla formativa para a correcta elaboración de menús sen glute
Por Redacción |
-
O Ganapán abre o mes de setembro no Mercado con novas actividades
Por Redacción |
-
Que ben soubo o gazpacho de amorodos dos rapaces do Ganapán
Por Redacción |
-
Os talleres do Ganapán traen actividades inspiradas en Exipto e Italia para esta fin de semana
Por Redacción |
-
Os obradoiros do Ganapán esténdense esta fin de semana ata o luns 17
Por Redacción |
-
Volven as visitas escolares do Ganapán ao Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
O Ganapán ofrece para a fin de semana talleres de cociña e para descubrir os segredos do mar
Por Redacción |