Só Moraña e Ponte Caldelas quedan no nivel alto de restricións na área sanitaria
Por Redacción
Dos catro concellos da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés que se atopaban no nivel alto de restricións só quedarán a partir do sábado 29 de maio, os de Ponte Caldelas e Moraña, segundo a decisión adoptada na tarde deste martes polo comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19.
Con esta medida, Vilanova de Arousa e Cambados abandonan este nivel a partir desa mesma data e no caso do primeiro pasará directamente a un nivel medio baixo.
O comité clínico si decidía aumentar a tres municipios o nivel máximo de restricións. Se a semana pasada esta medida só adoptábase co Concello de Lobios, agora únense tamén A Pobra do Caramiñal e Mos.
No nivel alto de restricións, ademais de Moraña e Ponte Caldelas atoparanse Ribeira, Ordes e Viveiro. Xa en nivel medio situaranse, ademais de Cambados, Bueu, dentro da área sanitaria e os do Barco de Valdeorras, Ponteareas, Moaña, Boiro, Rianxo, Cee, Xove, Cervo, Vilalba e Monforte, no resto de Galicia.
No resto dos concellos galegos manteranse vixentes as actuais restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas as medidas entrarán en aplicación a partir das 00.00 horas do próximo sábado, 29 de maio.
Relacionadas:
-
Non haberá cambios nas restricións pola covid-19 ata a próxima semana
Por Redacción |
-
Tres pacientes menos hospitalizados por covid en Pontevedra e O Salnés para un total de 15, catro deles na UCI
Por Diego Espiño |
-
Unha muller de 71 anos ingresada en Montecelo eleva a 178 as vítimas da covid-19 na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
Montecelo mantén 4 pacientes con covid na UCI e 14 en planta, con 325 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Sanción para un establecemento hostaleiro en Pai Luis por incumprir o horario de peche
Por Redacción |