Carmen Durán, directora xeral de Saúde Pública, premiada co 'Dama Azor' da Brilat
Por Redacción
O vindeiro luns 7 de xuño, a directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán Parrondo, recibirá o premio 'Dama Azor' que concede a Brigada 'Galicia' VII, Brilat.
Este premio creouse no ano 2016 co obxectivo de distinguir a aquelas persoas que, grazas ao seu traballo diario e desde o altruísmo, prestan apoio á Brilat e manteñen unha estreita relación con esta unidade militar.
Neste caso, Carmen Durán Parrondo é premiada, segundo a propia Xuynta de Galicia, pola súa contribución a que a Brilat acadara altas cotas de eficacia durante a Misión Baluarte, a operación das Forzas Armadas para rastrexar os contaxios de covid-19.
Ademais, tamén detaca o impulso realizado pola representante sanitara da administración autonómica para impulsar o recoñecemento público ao persoal rastrexador das súas Seccións de Vixilancia Epidemiolóxica.
A concesión da distinción implica a inclusión como Membro de Número da Orde de Azor, co título de 'Dama Azor', correspondéndolle como tal a consideración de membro honorario da Brilat.