Toxicómanos humillan un home ao que confunden cun pederasta
Por Redacción
Un grupo de toxicómanos humillou a primeira mañá deste martes a un home ao que confundiron cun pederasta e ameazaron con cortarlle o colo. Policía e prexudicado desonocen por que chegaron a tal confusión.
Os responsables deste comportamento son un grupo de persoas que habitualmente se concentra no ámbito da Praza dá Ferraría e a vítima dos seus insultos e ameazas o traballador dun negocio próximo.
Segun relatou o propio prexudicado, os feitos aconteceron arredor das 9.30 horas da mañá, cando se encontraba nun punto próximo aos soportais da Praza da Estrela, lugar de encontro diario de toxicómanos e ex toxicómanos.
Estes empezaron a insultalo e difamalo con frases como "ese es el pederasta, el que salió en la prensa" ou "si fuera mi hija, te cortaba el cuello" e alertaron o resto de viandantes dicíndoos "cuidado con éste".
O prexudicado atemorizouse e alertou a Policía Nacional, que desprazou o lugar a dúas patrullas. Os axentes entrevistáronse cuns e outros e permaneceron preto dunha hora vixiando a zona, sen que se producise ningún incidente máis.
Non quixo presentar denuncia, nega completamente calquera relación co delito co que o difamaron e engade que non é a primeira ocasión na que sofre o acoso destas mesmas persoas.
Relata, neste sentido, que noutra ocasión insultarono pola súa condición de estranxeiro e que é habitual que amenecen e falten ao respecto aos viandantes e clientes das terrazas instalada no ámbito da Ferraría.