Tres pacientes menos hospitalizados por covid en Pontevedra e O Salnés para un total de 15, catro deles na UCI
Por Diego Espiño
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantén unha lenta baixada nos indicadores de afectación da pandemia, situándose a xoves 27 de maio nos 310 casos activos de coronavirus, oito menos que a xornada anterior.
Así se reflicte na actualziación de datos oficiais realizada polo Servizo Galego de Saúde ás 10.00 horas da mañá.
Segundo este balance, nas últimas 24 horas detectáronse un total de 22 novos contaxios, mentres que se deron 30 altas epidemiolóxicas.
Ademais a presión hospitalaria é lixeiramente menor con tres pacientes menos ingresados no Complexo Hospitalario de Pontevedra, con 11 deles evolucionando en planta e 4 máis na Unidade de Coidados Intensivos.
Desde o inicio da pandemia superaron o virus 13.727 persoas na área sanitaria, contabilizándose 178 falecementos de pacientes con positivo activo por covid.
En canto á realización de test, nas últimas 24 horas realizáronse 347 probas PCR que se suman ás 233.965 efectuadas ata a data.
DATOS DE GALICIA
A nivel autonómico Galicia conta ao 27 de maio con 2.420 casos activos de coronavirus, o que supón un descenso de 78. Deles 96 persoas atópanse ingresadas en planta (11 menos) e 28 atópanse na UCI (tres menos).
En Galicia faleceron pola covid 2.415 persoas, tras sumar dúas novas mortes na última xornada.
Relacionadas:
-
Caen os casos activos por covid-19 ata os 291, trece deles hospitalizados
Por Alejandro Espiño |
-
Balance de covid na área sanitaria ao 26 de maio: 16 novos contaxios e 318 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Só Moraña e Ponte Caldelas quedan no nivel alto de restricións na área sanitaria
Por Redacción |
-
Unha muller de 71 anos ingresada en Montecelo eleva a 178 as vítimas da covid-19 na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
Montecelo mantén 4 pacientes con covid na UCI e 14 en planta, con 325 casos activos
Por Diego Espiño |