Escolares de Sanxenxo participarán nunha xornada de limpeza das praias
Por Redacción
Area de Agra, Nanín, Baltar, Major e Montalvo recibirán o vindeiro venres a 156 escolares dos colexios Magaláns, A Florida, Portonovo, O Cruceiro e Nantes que se encargarán durante dúas horas e media da limpeza dos areais e a súa contorna.
O obxectivo desta iniciativa de educación ambiental é incidir na importancia do coidado do medio ambiente e a sensibilización co lixo depositado no mar.
A actividade levará a cabo entre as 10 e as 12:30 horas do próximo venres, en cinco areais do municipio, un día antes do Día Mundial do Medio Ambiente.
O Concello de Sanxenxo mantén a súa implicación coa protección da súa contorna natural e xa traballa nunha iniciativa que levará a cabo nos centros escolares, a partir do próximo curso, para incentivar o coidado do medio ambiente entre os máis pequenos e onde se traballarán as 3 R (reducir, reutilizar e reciclar).