A feira Stock Marín volverá á Alameda cunha edición adaptada á "nova normalidade"
Por Redacción
A nova edición da feira de oportunidades Stock Marín vaise a celebrar os días 30 e 31 de xullo e 1 de agosto. Será de novo na Alameda e cunha edición adaptada á "nova normalidade", segundo avanzou a concelleira de Turismo e Comercio, Cristina Acuña.
Ao igual co ano pasado, a carpa pechada substituirase por carpas individuais de 5x5 metros e de 3x3 metros, que permitirán controlar o aforo e respectar as condicións hixiénico sanitarias.
A feira abrirá as súas portas en horario de 11 a 14 horas e de 18 a 23 horas.
Os establecementos de Marín terán preferencia á hora de solicitar a súa participación e deberán pagar unha taxa de 60 euros pola carpa de tres metros e de 120 euros pola de cinco metros.
O prazo para inscribirse no evento remata o 25 de xuño e a distribución do espazo, entre os participantes, farase por sorteo.
Este evento inclúese dentro do Plan de Reactivación Comercial do Concello de Marín, que asume os custos da montaxe e parte dos custos do control e vixilancia do evento.