Segundo falecemento por covid en Montecelo en 48 horas, unha muller de 81 anos
Por Redacción
A Consellería de Sanidade notificaba este mércores 2 de xuño o falecemento de dúas mulleres durante a xornada do 1 deste mes na provincia de Pontevedra que foran diagnosticadas por coronavirus.
Segundo os datos facilitados, unha muller de 81 anos, falecía no Hospital Montecelo converténdose na vítima 181 na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés desde o inicio da enumeración de mortes ocasionadas pola pandemia. A última vítima rexistrouse durante a xornada do 31 de maio, tamén no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Tratábase dun home de 74 anos, que contaba con patoloxías previas.
A outra vítima é unha muller de 97 anos, que falecía no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. As dúas mulleres presentaban enfermidades previas nos seus historiais clínicos.
Desde o inicio do plan de continxencia do covid-19 curáronse 13.849 persoas, 16 máis que na xornada do martes, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Con estas dúas novas mortes, o número de pacientes falecidos en Galicia ascende a 2.422 persoas. Na comunidade, ata o momento, hai un total de 122.393 pacientes curados.
PREVISIÓN DE VACINACIÓN PARA O XOVES 3
A xerencia da área sanitaria informa de que este xoves está prevista a vacinación de 2.250 persoas no Recinto Feiral de Pontevedra en horario de mañá. Trátase de poboación con idades comprendidas entre os 50 e os 59 anos, que recibirán a vacina Pfizer.
No Hospital Montecelo foron citadas outras 300 persoas, menores de 60 anos, para recibir a segunda dose de AstraZeneca. A administración realizarase en horario matinal.
Pola súa banda, no Recinto Feiral Fexdega de Vilagarcía de Arousa, o SERGAS convocou a 770 persoas pola mañá para administrarlles Pfizer. As idades para recibir a vacina sitúanse entre os 50 e os 59 anos.
Relacionadas:
-
A área sanitaria baixa aos 232 casos de covid-19 tras unha xornada con 11 novos contaxios
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Estabilidade na evolución da covid-19 na área sanitaria: 16 novos contaxios e un paciente máis no hospital
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Galicia iniciará o domingo a vacinación da poboación entre 40 e 49 anos
Por Alejandro Espiño |
-
Convocan a un cribado aos sectores da hostalería e o taxi en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
A área sanitaria baixa dos 250 casos activos e reduce a dous os pacientes en UCI
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A vítima 180 da covid-19 na área é un home de 74 anos falecido en Montecelo
Por Redacción |
-
Nova vítima da covid-19 en Pontevedra: unha muller de 94 anos ingresada en Montecelo
Por Natalia Puga |