A Facultade Ágora analiza a redución do tráfico de paso e de transporte de mercadorías
Por Redacción
Autorizar a circulación dos coches necesarios para o bo funcionamento do tráfico nas cidades é a formulación que o deputado Uxío Benítez formulaba este venres no quinto seminario da Facultade Ágora, que organiza a Deputación de Pontevedra.
Esta idea busca un modelo de recuperación do espazo público desmitificando que nas zonas de preferencia peonil non se poida pasar con vehículos de motor, indicaba o responsable provincial de Mobilidade e Espazo Público.
Nesta xornada participaban no seminario a consultora Mercedes Llop, os enxeñeiros Fernando Nebot e Jaime Ruibal e o director xeral de Protección Cidadá no Concello de Pontevedra, Daniel Macenlle.
Precisamente Macenlle explicaba que a cidade peonil ao 100% non funcionaría e afirmou que "non somos talibáns da peonalización". Pero si que manifestou a necesidade de descubrir que tráfico é imprescindible para permitir a calidade de vida. "Hai que desautoxicar a cidade", apuntou o director xeral de Protección Cidadá durante a súa intervención explicando que, en todo caso, precísase abastecer supermercados, negocios e garantir os servizos para movemento de materiais e acceso a establecementos hostaleiros. Neste sentido, destacou a importancia que ten a Policía Local para desenvolver estas iniciativas de regulación do tráfico.
Tamén Fernando Nebot centrouse na supresión do tráfico de paso e de axitación, que é o que os condutores realizan en busca de prazas de aparcamento. Por outra banda destacou a importancia de reducir a velocidade de circulación nas cidades e incrementar o espazo público para usos distintos ao desprazamento en vehículo. Por isto, expuxo o seu concepto de "tráfico evaporado" que se rexistra cando a cidadanía evita a utilización do vehículo ao considerar que é preferible desprazarse a pé ou empregando outros sistemas de transporte.
Mercedes Llop, consultora en Transportes e Urbanismo, lembraba na súa intervención o importante incremento do comercio electrónico e a súa consecuencia en transporte de paquetería a domicilio. Para buscar solucións a esta nova demanda, a especialista propón unha instalación (microhub) onde se almacene a mercadoría para entregarse en determinadas áreas atendendo a unha distribución sostible e agrupada, sen que se se produza unha viaxe co movemento dunha furgoneta por cada envío.
Relacionadas:
-
A Facultade Ágora reflexiona sobre o ‘Hábitat saudable e biodiverso’
Por Redacción |
-
Retornan as sesións da Facultade Ágora coa directora de Saúde Pública da OMS
Por Redacción |
-
Ágora preséntase na Xornada sobre a Nova Bauhaus Europea
Por Redacción |
-
O Ministerio de Transportes recoñece á Rede Ágora da Deputación como unha iniciativa aliñada coa Nova Bauhaus Europea
Por Redacción |
-
A Facultade Ágora acolle un último seminario sobre "Mobilidades alternativas" antes do parón do verán
Por Oskar Viéitez |
-
O director da DXT pon como exemplo de mobilidade urbana o Proxecto Ágora da Deputación
Por Redacción |
-
Cuarta sesión da Facultade Ágora co recoñecemento dos peóns como base das cidades sustentables
Por Redacción |
-
A Facultade Ágora reflexionará sobre ‘As persoas primeiro’
Por Redacción |
-
A Facultade Ágora reflexiona sobre as cidades que coidan as persoas e limitan os vehículos
Por Redacción |