A Deputación aproba novos recursos para Poio e Cambados
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde a novas achegas da Liña 1 de Investimentos do Plan Concellos 2021 para Poio e Cambados, entre outros municipios.
Concretamente, Poio percibirá 391.823 euros para o financiamento da recuperación e integración do entorno na rúa Lameiriña e na rúa Caneliñas, na parroquia de Raxó.
A actuación proposta consiste nunha rehabilitación do firme para mellorar e integrar a zona, poñendo en valor o entorno existente e contempla a eliminación das barreiras de accesibilidade existentes ao xerar un único plano de circulación tanto de peóns coma de tráfico rodado, integrando os novos materiais coa contorna.
Cambados terá unha achega de 161.775 euros para sufragar a mellora da pavimentación de cinco camiños. Trátase dos viarios Os Caeiros-Pinar de Rei, Cortiñas de Abaixo-Corbillón, Camiño do Cruceiro, Couto de Arriba-Castrelo e Sineiro-Vilariño, que teñen a capa de rodadura moi deteriorada ou non existe, ou contan cun ancho insuficiente.
EFICIENCIA ENERXÉTICA
O Goberno provincial tamén deu conta da aceptación das novas axudas concedidas a través do IDAE para os proxectos de Iluminación Exterior Sostible que permitirán a renovación das instalacións de alumeado en dez concellos, e deu luz verde á achega provincial para estas actuacións.
Os proxectos suman en total un investimento de 1,9 millóns de euros, beneficiando nun primeiro grupo aos concellos de Marín, A Lama, Meaño, Meis e Mondariz Balneario, e un segundo grupo con Crecente, Forcarei, O Grove, Cambados e A Guarda.
Relacionadas:
-
A Deputación aprobará un investimento de 1,8 millóns de euros do Plan Concellos
Por Oskar Viéitez |
-
Comeza o mes de prazo para solicitar axudas directas para profesionais afectados pola crise da pandemia
Por Redacción |
-
A recuperación da contorna de Lameiriña e Caneliñas custará preto de 400.000 euros
Por Redacción |