Un grupo de voluntarios retiran en Ons 380 quilos de residuos e plantas invasoras
Por Redacción
Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente tivo lugar este sábado na Illa de Ons unha xornada de limpeza de lixos mariños e retirada de especies invasoras enmarcada dentro do programa Plancton.
Nesta ocasión as actividades de limpeza centráronse en distintos areais da illa de Ons, onde máis de 60 persoas voluntarias conseguiron retirar máis de 52 quilos de residuos e 328 quilos da especie invasora Margarita del Cabo (Arctotheca caléndula), ao longo dunha mañá intensa de traballo de voluntariado ambiental.
Esta acción súmase ás recentemente realizadas na Illa de Arousa e na illa de Cortegada, dentro tamén do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Estas actividades pretenden, entre outros obxectivos, fomentar a conservación e a sustentabilidade das actividades socioeconómicas nas áreas de influencia das Zonas de Especial Protección de Aves Mariñas de Galicia (ZEPA) e outras da Rede Natura 2000.
Relacionadas:
-
Areoso 'líbrase' de 1.100 quilos de residuos depositados no seu fondo mariño
Por Redacción |
-
Xunta e veciños de Ons acordan manter o sistema de acceso controlado á illa
Por Redacción |
-
Escolares plantan árbores para conmemorar o Día do Medio Ambiente
Por Redacción |
-
Douscentos escolares limpan seis praias atopando numerosas máscaras enterradas
Por Redacción |
-
Obradoiros escolares sobre reciclaxe e boas practicas ambientais para celebrar o Día do Medio Ambiente en Caldas
Por Redacción |