Vaipolorío esmérase no coidado do muíño e a presa do río Toxal
Por Oskar Viéitez
Os voluntarios da Asociación Vaipolorío veñen de realizar tarefas de conservación e mantemento do patrimonio material do muíño e da presa do río Toxal, en Vilaboa.
Que a xornada do sábado coincidira co Día Mundial do Medio Ambiente non mudou o traballo que fai este colectivo esmerándose no coidado de elementos patrimoniais tan valiosos como son este muiño e a súa presa. "Nada que celebrar", comentaron ao respecto.
Segundo recolle o libro "Andar primeiro de río", de Calros Solla, un toxal é o "lugar onde medran os toxos; toxeira" e lle dá nome ao río dos Gafos nunha das súas denominacións, río Toxal.
O Muíño do Toxal está situado na beira esquerda do río dos Gafos, é un muíño de cubo, cunha moa, muros de cachotería e cuberta a unha auga. Ao seu carón hai unha pontella que serve de pasadoiro sobre o río.
Vaipolorío adoita facer un seguemento a este elemento etnográfico tradicional para garantir a súa conservación.
Relacionadas:
-
Vilaboa estuda vías de financiamento para recuperar o Muíño do Toxal
Por Redacción |
-
Denuncia de Vaipolorío contra Red Eléctrica Española pola corta de vexetación de ribeira en Bertola
Por Redacción |
-
Vaipolorío recolle 120 quilos de lixo na primeira xornada de limpeza do Gafos neste agosto
Por Redacción |
-
Atopan no Gafos unha herba descrita e debuxada polo Pai Sarmiento en 1755
Por Redacción |
-
Eliminan as pintadas vandálicas no mural do río dos Gafos
Por Redacción |