O Centro de Acollida de Animais acadou as 302 adopcións
Por Oskar Viéitez
Coa saída esta pasada semana de "Arco", "Linda", "Felipe" e "Calcetines" cara ao seu novo fogar, o Centro de Acollida de Animais (CAAN) ten superado xa as 300 adopcións no que vai deste 2021.
A cifra supón un incremento do 75% respecto ao mesmo período do 2020 (en que se levaban 172) e con este excepcional ritmo o centro vai camiño de superar amplamente o récord de adopcións no centro conseguido o pasado ano, en que se rexistraron 583.
Das 302 adopcións que se tramitaron desde xaneiro, unha foi desde Portugal e o resto en España. A maioría producíronse en Galicia (260), seguida de Castela e León (28) e o resto repartíronse entre as comunidades de Madrid (5), Cataluña (3), País Vasco (3), Estremadura (1) e Castela a Mancha (1).
Das galegas, a meirande parte, un total de 225, tramitáronse na provincia de Pontevedra, mentres que outros 19 viaxaron cara a Lugo, 10 á provincia da Coruña e 6 a Ourense.
Ata agora o concello con máis adopcións na provincia foi Vigo (46), seguido da Estrada (29) e de Pontevedra (26). Outros municipios cun gran número de adopcións foron Meis (13), Poio (10), Vilagarcía (9) ou Sanxenxo (8).
Relacionadas:
-
Reto completado: o CAAN atopa un fogar para os avós do centro
Por Redacción |
-
O Centro de Acollida de Animais da Deputación xa supera as 3.000 adopcións desde o ano 2015
Por Redacción |
-
O Centro de Acollida de Animais da Deputación incorpora novos equipos de radiodiagnóstico
Por Redacción |
-
As adopcións de animais no CAAN levan camiño de récord
Por Redacción |
-
O Centro de Acollida e Protección de Animais superou as cen adopcións de cans en mes e medio
Por Oskar Viéitez |