Ministerio de Sanidade e Comunidades Autónomas puxeron sobre a mesa a posibilidade de que a finais deste mes de xuño ou o próximo xullo, o uso das máscaras non sexa obrigatorio en espazos abertos. Cando ese momento chegue, que sensacións ten a poboación? prima a ansiedade por quitalas?, existe temor a non levar este elemento de protección?
O micrófono de PontevedraViva Radio sae á rúa para chequear unha vez máis o parecer dos cidadáns. Preguntamos en todos os rangos de idade, desde os máis novos á de máis idade. Cabe apuntar que a apertura de movementos entre territorios evidénciase, porque tamén responden persoas que non residen nesta capital e proceden doutras Comunidades.
Entre as decenas de persoas que se pronunciaron para o podcast 'Mentres isto dure' hai quen agarda un criterio científico para confiar na valided dese avance, en lugar de pronunciamentos políticos, que teñen maior ou menor credibilidade.
E entre a diversidade de opinións, tanto quen manifesta o seu temor para prescindir en breve das máscaras, como quen xa ansían respirar en espazos abertos sen este elemento, un elevado número de persoas aluden a algo que consideran fundamental á hora de sentirse máis seguros sen máscara: o proceso de vacinación.