A AECC, unha década promovendo a inserción laboral de persoas con cancro en Pontevedra
Por Redacción
Un dos últimos pasos na superación do cancro pasa pola recuperación do traballo. Un paso que non sempre é fácil, posto que a enfermidade pode provocar secuelas que dificultan a procura de emprego. Para dar resposta a esta necesidade, a área de Atención Social da Asociación Española Contra o Cancro de Pontevedra conta cun Programa de Inserción Laboral.
Trátase dun servizo totalmente gratuíto que ten como obxectivo facilitar a integración laboral a persoas con cancro e os seus familiares.
Un grupo de profesionais especializados (psicólogos e traballadores sociais) son os encargados de orientar aos beneficiarios do servizo no proceso da procura de emprego, proporcionándolle todas as ferramentas necesarias encamiñadas á consecución dun emprego.
Este proxecto está pensado para persoas afectadas de cancro que finalizasen o tratamento da enfermidade e con alta médica para o traballo; e para os familiares de primeiro ou segundo grao. En ambos os casos, débese estar dado de alta como demandante de emprego no SEPE. A atención inclúe asesoramento personalizado, formación en habilidades para a procura activa de emprego ou información sobre cursos de formación profesional e tamén apoio para facer fronte ás dificultades persoais que supón a procura de emplo.
Desde a posta en marcha deste programa no ano 2010, un total de 328 beneficiarios fixeron uso do servizo.
Ademais, de forma recente a AECC Pontevedra vén de adherir ao Programa Incorpora que impulsa a Obra Social A Caixa, co obxectivo de facilitar a integración laboral en empresas a persoas con cancro e familiares en risco de exclusión social.
Relacionadas:
-
A loita contra o cancro volverá poñer en marcha aos pontevedreses
Por Redacción |
-
A AECC celebra os seus 50 anos de apoio á investigación
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
A AECC organiza o seu tradicional peditorio en Bueu para recadar fondos
Por Redacción |
-
A Asociación Contra o Cancro aluga un local en Eduardo Pondal quedando a sede actual á venda
Por Oskar Viéitez |
-
Comeza un novo taller de axuda de loito na Asociación contra o Cancro
Por Redacción |
-
Rutas Saudables para reducir o risco de cancro promovidas pola AECC e a Concellería de Deportes
Por María José Pita |
-
Un acordo para axudar a pacientes e familiares, petición para o Día Mundial Contra o Cancro
Por Isabel Feijóo Gallardo |