Completan a rehabilitación dos Baños do San Xusto cunha ruta de sendeirismo

Por Redacción
Tras a inauguración dos renovados Baños do San Xusto, o goberno municipal de Cerdedo-Cotobade decidiu completar o seu atractivo turístico cunha ruta de sendeirismo que unirá este enclave natural coa Ponte Nova de Fentáns.
Operarios municipais xa comezaron cos traballos de acondicionamento desta nova ruta, que contará cun percorrido que terá unha distancia de ida e volta de tan só 7 quilómetros e unha dificultade sobre o terreo media-baixa.
Deste xeito, o Concello busca fortalecer os Baños do San Xusto como destino turístico ofrecendo alternativas que fomenten as prácticas saudables, o desfrute da natureza e o coñecemento e divulgación do patrimonio etnográfico e cultural do municipio.
Nun futuro, segundo explicou o alcalde Jorge Cubela, a intención do Concello é estender esta ruta de sendeirismo ata a área recreativa de Lodeiro, Campo Lameiro. Para iso, xa hai conversas co alcalde veciño para establecer un programa coordinado de actuacións.
O obxectivo é crear unha ampla rede de sendeiros transitables e de dificultade media-baixa para fomentar o fluxo turístico entre ambos os dous municipios.
"Cremos nas relacións de boa veciñanza e na interconexión das distintos lugares porque cremos que se poden converter nun destino xeoturístico moi importante que pivote no turismo familiar, no turismo verde e natural", asegurou Cubela.
Relacionadas:
-
A recuperación dos Baños de San Xusto como exemplo da filosofía da Nova Bauhaus
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade estuda as opcións para acceder aos recursos públicos de rehabilitación municipal da Xunta
Por Redacción |
-
Cubela cualifica de récord os 10 millóns de euros investidos nas obras realizadas no municipio durante 2021
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade adxudica a limpeza e acondicionamento dos petróglifos de Fentáns
Por Redacción |
-
Cerdedo reabre a área de lecer fluvial
Por Redacción |
-
Revitalizan a ruta Frei Martín Sarmiento con saída e chegada desde o centro de Cerdedo
Por Redacción |
-
RADIO.- Cristina García, "un reto e moitas cuestións emocionais" na rehabilitación dos Baños de San Xusto
Por Marisa Ciordia |
-
A recuperación dos Baños do San Xusto, un "soño colectivo" que xa é unha realidade
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |