Cortan ao tráfico as rúas Loureiro Crespo e Casimiro Gómez para avanzar na súa reforma
Por Redacción
O próximo xoves 10 de xuño, entre as 09:30 e as 19:00 horas, as obras de reforma na rúa Loureiro Crespo obrigarán a cortar ao tráfico este ámbito urbano ata Casimiro Gómez.
Concretamente, cortarase Loureiro Crespo no tramo comprendido entre a rúa Doce de Novembro ata Casimiro Gómez, e a rúa Casimiro Gómez no tramo comprendido entre Loureiro Crespo e Gerardo Álvarez Limeses.
Os garaxes de Gerardo Álvarez Limeses accederán por Casimiro Gómez desde San Antoniño ou por Gonzalo Gallas desde San Antoniño, segundo o tramo da rúa ao que se dirixan.
Pola súa banda, os garaxes do tramo de Loureiro Crespo (entre as rúas Gonzalo Gallas e rúa Casimiro Gómez) accederán por Gonzalo Gallas desde San Antoniño.
O tramo de Loureiro Crespo ata o cruzamento con Casimiro Gómez contará con dobre sentido de circulación para os garaxes.
O dispositivo establece que os garaxes de Antón Fraguas e o acceso ás urxencias pediátricas do Hospital Provincial entrarán por Gonzalo Gallas desde San Antoniño e os garaxes de Casimiro Gómez accederán tamén por San Antoniño.
Relacionadas:
-
Loureiro Crespo ultima a súa reforma e quedará aberta este venres
Por Redacción |
-
Atrasan a novembro a fin das obras de reforma de Loureiro Crespo e O Castañal
Por Alejandro Espiño |
-
Restricións de tráfico en Loureiro Crespo desde o mércores 7
Por Redacción |
-
Corte de tráfico en Loureiro Crespo e Casimiro Gómez
Por Redacción |