A peripecia dun turismo pola ponte do Burgo
Por Marisa Ciordia
A últimas horas da tarde deste pasado mércores 9, viandantes e condutores que se atopaban na Avenida de Buenos Aires, á altura da ponte do Burgo, foron testemuñas da peripecia protagonizada polos ocupantes dun turismo.
Como explicou a persoa que facilitaba as imágentes a PonteVedraViva, un vehículo que procedía da Avenida de Buenos Aires virou á dereita e polo paso de peóns incorporouse á ponte do Burgo. En metade do mesmo debeu caer no erro da súa incorporación a esta zona peonil; polo que se detivo e manobrou para dar a volta.
Unha vez realizada a manobra, agardou ante o paso de peóns para volver cruzar polo mesmo e reincorporarse ao vial correspondente da Avenida de Buenos Aires no sentido oposto ao que viñera. As súas andanzas afortunadamente non tiveron ningunha consecuencia que lamentar, pero si foron motivo de sorpresa para outros condutores, así como para os peóns que se atopaban no lugar dos feitos.
Cabe pensar que a persoa ao volante do vehículo non fóra de Pontevedra, xa que a ponte do Burgo quedou pechado ao tráfico en marzo de 2019, cando se iniciaron unhas obras de remodelación que foron inauguradas en agosto do ano pasado.
Relacionadas:
-
Un veciño de Vigo de 35 anos causa un accidente na rotonda da Barca e dá positivo en consumo de alcohol e drogas
Por Redacción |
-
Trasladan unha condutora en Cuntis ao sufrir un accidente despois de saltarse un stop
Por Redacción |
-
Encaixa o seu coche nas escaleiras da Praza de Ourense por un despiste co GPS
Por Alejandro Espiño |