Investigan un condutor ebrio que fuxiu de xeito temerario dun control e provocou un accidente
Por Oskar Viéitez
A Garda Civil de Tráfico investiga a un veciño de Pontevedra polos delitos contra a seguridade viaria por condución temeraria, alcoholemia positiva e negarse a realizar a segunda proba, sendo remitidas as dilixencias ao xulgado de garda.
Segundo informaron desde o instituto armado, os feitos tiveron lugar o pasado sábado día 5 de xuño cando unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra que se atopaba na estrada nacional N-550 á altura do quilómetro 115, deu o alto a un vehículo tras cometer unha infracción grave ao Regulamento Xeral de Circulación.
O condutor fixo caso omiso e emprendeu unha fuxida a gran velocidade con dirección a Pontevedra.
Durante o percorrido efectuou varios adiantamentos en liña continua, ata causar un accidente ao adiantar a un vehículo e atoparse con outro que circulaba en sentido contrario, o cal aínda que deu un volantazo desviándose á beiravía non pode evitar unha colisión co seu parte traseira co vehículo infractor.
A patrulla, tras regular a circulación, prestar auxilio aos accidentados, e comprobar que non había feridos, procedeu á identificación do condutor fuxido, resultando ser un veciño de Pontevedra, de 45 anos, o cal realiza a primeira proba de alcol dando un resultado de 0,68 mg/ litros en aire expirado, negándose a realizar a segunda proba.
Así mesmo resultou positivo indiciario na proba de drogas, pendente de confirmación por laboratorio.