A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés celebrou este xoves no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra o acto de homenaxe ao persoal xubilado do Servizo Galego de Saúde durante os anos anos 2019 e 2020 que cesou na súa actividade no Complexo Hospitalario de Pontevedra, no Hospital do Salnés e na rede de centros de Atención Primaria desta área.
Por imposibilidade de celebrarse o pasado ano 2020 por mor dapandemia no acto de hoxe despediuse ao redor de 270 traballadores que finalizaron nos dous últimos anos a súa traxectoria profesional no Servizo Galego de Saúde.
A homenaxe contou coa intervención do ex xefe de servizo de Pediatría do Hospital Provincial de Pontevedra, o doutor Gonzalo González Lorenzo, a técnico superior de laboratorio de análises clínicas, Carmela Bas e a ex-coordinadora de enfermería do centro de saúde da Parda, Carmen Abeledo.
Pola súa banda, o xerente da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, o doutor José Ramón Gómez, destacou na súa intervención a importancia do "colosal traballo realizado polos profesionais hoxe homenaxeados" aos que agradeceu a súa dedicación durante todos estes anos e aos que fixo un chamamento para que, a pesar da súa xubilación como persoal activo, non se afasten dunha institución da que sempre formarán parte.