A vendima chegou con atraso a Rías Baixas pero boa calidade
Por Oskar Viéitez & Aitana Vidal
Viticultores e os bodegueiros das Rías Baixas afánanse estes días na vendima máis tardía dos últimos anos.
Segundo os datos oficiais achegados pola Denominación de Orixe: preto de 3.000 traballadores temporais, 6.677 familias de viticultores, 175 adegas da D.O. Rías Baixas participan este ano na campaña que está a ser supervisada por 72 vedores e, como novidade, tres auditores do Consello que vixiarán as tarefas nun total de 27 adegas para verificar que todos os operadores cumpren os requisitos establecidos.
A atípica climatoloxía deste ano atrasou a recollida dos acios. Segundo explica o técnico Miguel Tubío que dirixe o departamento de viticultura de Adegas Martín Códax, confírmase que a uva deste ano será de gran calidade.
As previsións de MeteoGalicia anuncian bo tempo para toda a semana.
A produción máxima permitida na denominación de orixe Rías Baixas é de 1,2 quilogramos de albariño por metro cadrado (12.000 quilos por hectárea). Para o resto de variedades brancas o rendemento sitúase en 1,25 quilogramos e tan só se pode recoller 1 quilogramo de uva tinta por metro cadrado.
O presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araújo, explicou que a DO comeza esta vendima 2013 a poñer en marcha o espírito europeo, a través do cal, paulatinamente irá deixando de ser un órgano exclusivamente de vixilancia para centrarse na certificación, dando máis responsabilidade aos operadores, aínda que sen deixar de lado o control.
Relacionadas:
-
Rías Baixas remata a segunda mellor colleita da historia, con 33 millóns de quilos de uva
Por Redacción |
-
Unións Agrarias denuncia que gran parte dos viticultores do Salnés teñen aínda uva sen saída
Por Redacción |
-
Comeza unha vendima que se prevé "abundante e de boa calidade" na D.O. Rías Baixas
Por Redacción |
-
A D.O. Rías Baixas agarda comercializar máis de 20 millóns de litros coa colleita deste ano
Por Redacción |
-
Unións Agrarias critica a implantación do modelo 'Falcón Crest' na viticultura das Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |