Susto no Vao de Abaixo pola explosión dun bidón con aceites
Por Redacción
Durante a mañá deste sábado producíase un incendio no Vao de Abaixo no municipio de Poio.
Segundo a información facilitada pola Policía Local de Poio, rexistrábase unha explosión. As altas temperaturas provocaron que os aceites que se atopaban nun bidón ocasionaran esta explosión que provocou que a tapa do recipiente saíse voando.
Na extinción participaron axentes da Policía Local, Bombeiros de Sanxenxo e tamén responsables de Protección Civil de Poio, 061 e Garda Civil de Pontevedra. As chamas prenderon en matogueiras e entullo que se atopa acumulado na zona.
Desde a Policía Local mostran a súa preocupación por estes residuos que se atopan no poboado e que poden orixinar situacións perigosas para a cidadanía. Finalmente o lume sufocouse e foi apagado sen que se rexistrasen danos persoais.