Caldas quere expropiar a leira María a Recha e esixe á Xunta o proxecto de ampliación do IES Aquis Celenis
Por Redacción
O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, solicitou unha reunión formal co secretario xeral técnico da Concellería de Educación para avanzar cos trámites necesarios para ampliar as instalacións do IES Aquis Celenis.
"Para poder avanzar na consecución dos terreos necesarios para a ampliación do instituto mediante expediente de expropiación os técnicos municipais dinnos que é preciso que a Xunta nos presente o proxecto de ampliación", explica o rexedor, que indica que, ademais deste proxecto, é preciso un anexo cunha valoración económica dos terreos a expropiar.
Dende o Concello de Caldas explican que, "segundo a Concellería, a ampliación do instituto pasa por comprar a finca María a Recha". Sen embargo, a oferta para a venda por parte do propietario foi "moi superior á valoración dos servizos municipais".
Co obxecto de avanzar neste procedemento e dar resposta á necesidade educativa existente no municipio, "urxe que a Xunta presente o proxecto de ampliación e o compromiso de execución", indican.
Relacionadas:
-
Caldas ofrece colaboración á Xunta para facilitar a ampliación do IES Aquis Celenis
Por Redacción |
-
Román Rodríguez anuncia a ampliación do instituto Aquis Celenis en Caldas de Reis
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello propón ampliar en altura o Instituto Aquis Celenis
Por Redacción |
-
O IES Aquis Celenis considera que a ampliación do centro en altura non permitiría ofertar ciclos formativos
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG critica o alcalde de Caldas de Reis por frustrar a ampliación do IES Aquis Celenis
Por Oskar Viéitez |