Tres sesións sobre parques eólicos para informar a veciñanza
Por Redacción
A polémica ao redor dos parques eólicos ha levado a que o Concello de Ponte Caldelas organizase tres sesións informativas para que a veciñanza coñeza con máis detalle estas fontes de enerxía. Para este labor, a Asociación ambiental e cultural Petón do Lobo desenvolverá tres sesións informativas que terán lugar nas Casas do Pobo de Tourón, A Reigosa e Baltar o sábado 26 de xuño ás 16.30, 18.00 e 19.30 horas.
O presidente da asociación, Ismael López, e a secretaria e avogada Ana Varela serán os encargados de transmitir a súa visión sobre o mapa eólico de Galicia #ante a posibilidade de que se instale algún proxecto en Ponte Caldelas.
Andrés Díaz, alcalde do municipio, considera que é necesario dispoñer de información suficiente sobre estas infraestruturas para decidir que facer tanto en terreos particulares como naqueles que pertencen a comunidades de montes.
O alcalde xa solicitou máis información ao conselleiro de Economía, Francisco Conde, e tamén solicitou unha reunión co xefe territorial de Economía para que se traslade información sobre o grao de afectación no municipio.
Relacionadas:
-
Charlas informativas en Ponte Caldelas sobre os parques eólicos que afectan o municipio
Por Redacción |
-
Marcha do BNG este domingo desde Xustáns á Fracha contra a construción dun megaproxecto eólico na zona
Por Redacción |
-
Os comuneiros e o Concello crean unha comisión de seguimento ante os proxectos eólicos en marcha en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |