Que ben soubo o gazpacho de amorodos dos rapaces do Ganapán
Por Redacción
O programa de lecer infantil O Ganapán, impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo no Mercado de Abastos de Pontevedra, regresou esta fin de semana cun Espazo Gastro moi refrescante e doce, no que os máis pequenos aprenderon a elaborar un gazpacho de amorodos e un banana Split.
Ademáis no Espazo Crea se confeccionaron uns orixinais lapiseiros con forma de ourizos bicudos e se viaxou a través dos planetas.
Estas actividades desenvolvéronse en dúas sesión diferentes, con horarios de inicio ás 11:00 e ás 12:30 horas.
O sábado 12 de xuño a rapazada aprendeu a elaborar unha receita fresquiña, nutritiva e orixinal, que presta moitísimo coa chegada do bo tempo, como é un gazpacho de amorodos.
Tamén houbo un taller no que os nenos moldearon, con arxila, un lapiseiro moi orixinal para non perder as súas pinturas.
E este domingo 13 de xuño preparon unha sobremesa doce, rica e saborosa: un banana Split e logo puideron soñar con seren astronautas e flotar polo espazo exterior grazas a un fantástico planetario.
Relacionadas:
-
O Ganapán abre o mes de setembro no Mercado con novas actividades
Por Redacción |
-
O Ganapán propón receitas de biscoito e ‘mousse’ e a confección de farois e piñatas para esta fin de semana
Por Redacción |
-
Os talleres do Ganapán traen actividades inspiradas en Exipto e Italia para esta fin de semana
Por Redacción |
-
Os obradoiros do Ganapán esténdense esta fin de semana ata o luns 17
Por Redacción |
-
Volven as visitas escolares do Ganapán ao Mercado de Abastos
Por Redacción |