Pontevedra conmemora o Día da Lingua de Signos
Por Mónica Patxot & Redacción
A Deputación e o Concello de Pontevedra iluminaron de turquesa as súas sedes institucionais ao abeiro da conmemoración do Día da Lingua de Signos.
Baixo o lema "Máis que nunca, preto de ti", preténdese dar visibilidade á diversidade cultural de todas as persoas xordas e outros usuarios da lingua de signos e defender a preservación das linguaxes e da cultura xorda para unha materialización real dos dereitos humanos destas persoas.
Ademáis, na escalinata exterior do Pazo Provincial a Deputación entregou os premios do concurso "Xoga coas Manciñas" correspondentes aos anos 2021 e 2020.
A presidenta da Deputación destacou a necesidade de que "a lingua de signos teña presenza no currículo educativo para que todas as persoas poidan sentirse representadas", recollendo unha proposta da presidenta de XOGA, María Jesús Monterde.
Do mesmo xeito, Carmela Silva amosou o seu apoio á iniciativa da deputada María Ortega, na que se traballará para a recompilación da lingua galega en lingua de signos, incluíndo así a todas as persoas na sociedade galega.
No evento fíxose entrega dos premios do ano 2020 a Alejandro Vieites (3º de primaria do CEIP Santo Tomás, O Porriño) polo retrato do escultor José María Acuña.
As mencións especiais foron para o poema "Rosalía pequeniña", do alumnado de 1º de primaria do CPR Santo Tomás (O Porriño), a canción "Vén conmigo", do alumnado do CEIP Plurilingüe de Belesar (Baiona) e a canción "Por ellas" do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios (Santiago de Compostela).
Os premios de 2021 foron para "Non fai falta a voz", do alumnado de 3 anos do CEIP O Hío (Cangas); o segundo para o conto "O leite de Adela", do alumnado de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe A Florida (Sanxenxo) e o terceiro para o conto "A que sabe a lúa", da aula de 3º B da escola infantil Los Pitufos (Vigo).
Por último, na categoría Educación Primaria, o primeiro premio outorgóuselle á canción "A reciclar", do alumnado de 4º de Primaria do CEIP O Hío; o segundo para a canción "Dime que fixeches e onde estiveches", do alumnado de 1º de Primaria do CEIP Plurilingüe A Florida (Sanxenxo) e o terceiro para o conto "Moncho e a mancha", do alumnado de 6ª de Primaria do CEIP Plurilingüe A Florida.
Relacionadas:
-
Avanzan a programación do Día das Linguas de Signos reclamando mudar "inclusión" por "equidade"
Por Diana Eiras & María José Pita |
-
A Deputación colabora con XOGA para o servizo de intérpretes de lingua de signos na provincia
Por Redacción |
-
Desmontando mitos e derrubando barreiras ao redor da xordeira, a "discapacidade invisible"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O alumnado de Marín coñecerá a lingua de signos e a realidade da comunidade xorda
Por Redacción |
-
Publican unha guía de atención sociosanitaria para as persoas con diversidade sensorial
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
Crean unha unidade didáctica para concienciar ao alumnado sobre a comunicación coa poboación xorda
Por Oskar Viéitez |