O comité do QuirónSalud pide avances na negociación do convenio colectivo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Un grupo de traballadores e representantes sindicais concentráronse este luns ás portas do Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez como medida de presión no marco das negociacións en marcha polo convenio colectivo.
A concentración desenvolveuse entre as 14.45 a 15,30 horas, nas portas, principal e de urxencias deste hospital.
Segundo os convocantes despois de sete reunións celebradas esta negociación "non avanza" e temen un retroceso nalgunhas das cuestións que hoxe establece o convenio colectivo.
O comité de empresa, reitera que continuará o proceso de mobilización ata que a empresa modifique as súas propostas, en especial o incremento salarial que tachan de "ridículo" do 0,5% (4,66 euros mensuais en 2021 e outro tanto en 2022) mentres que os traballadores esixen uns incrementos lineais de 300 euros en 2021 e 200 en 2022.