Vaipolorío organiza unha sesión informativa sobre as Herbas de San Xoán
Por Redacción
Amancio Castro, integrante do colectivo ecoloxista Vaipolorío e profesor de Ciencias Naturais e Educación Ambiental, será o relator que analice as tradicións e costumes relacionadas coas herbas de San Xoán e a relación que mantén co río Gafos.
A cita será o vindeiro mércores 23 de xuño ás 19.30 horas en Ponte da Condesa, na parroquia pontevedresa de Tomeza. Para apuntarse será necesario realizar unha reserva por whatsapp a través do teléfono 676.84.29.42. Vaipolorío, encargada da organización, alerta de que só están dispoñibles 15 prazas para este evento no que será necesario cumprir con todas as normas sanitarias vixentes co uso de máscara e o mantemento da distancia de seguridade.
Durante esta sesión, Amancio Castro mostrará como se elabora un "cacho", o feixe de herbas que debe deixarse a noite previa a San Xoán ao resío, nun talla de auga, para á mañá seguinte lavarse a cara coa auga á que se lle asignan propiedades contra o mal de ollo, segundo a tradición popular.