Pontevedra aposta polo marisco e lanza a primeira Festa das Cunchas
Por Manu Otero
Se por algo son coñecidas as Rías Baixas fóra de Galicia é polo marisco. O tirón dos nosos moluscos e crustáceos entre os turistas é indiscutible e o Concello de Pontevedra quere potenciar as visitas atraendo aos amantes deste manxar. Por iso, a capital celebrará durante esta segunda quincena do mes de xuño a primeira edición da Festa das Cunchas.
Trátase dun roteiro gastronómico no que, a partir do 18 de xuño e ata o día 30, participarán 46 locais do municipio. Cada un elaborará unha tapa no que os moluscos das rías serán protagonistas.
A diferenza do que ocorre con Pontetapas, o prezo destas preparacións será libre e variará en función do marisco elixido.
"Non é o mesmo facer un prato con mexilón, que con ostras", xustifica a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, que exerceu de mestra de cerimonias na espectacular presentación da festa que tivo lugar esta mañá na Praza da Verdura enmarcada dentro do programa Capital Gastro
Ademais, os primeiros 150 consumidores que participen no festexo terán un agasallo asegurado. Ao selar a súa consumición, terán que acudir con ela á Casa da Luz para reclamar un premio que desde o goberno local han preferido manter en segredo.
Para completar o roteiro, Promoción Económica repartirá entre todos locais da hostalería 5.000 folletos con información sobre este certame gastronómico. Nel estarán todos os locais participantes e o prato elixido para concursar.
Ademais, a modo de fin de festa, o día 30 na Alameda está prevista a primeira Batalla das Cunchas. Oito dos mellores cociñeiros da cidade competirán cara a cara para preparar a mellor elaboración a base de marisco e o encargado de dirixir a contenda será o popular chef David de Jorge, coñecido polo seu programa de televisión Robin Food.
A celebración servirá tamén para poñer en valor o río Lérez e o barrio da Moureira, enclaves transcendentais da marcada cultura mariñeira, comercial e gastronómica da cidade de Pontevedra.
Relacionadas:
-
A segunda edición da Festa das Cunchas reforza a candidatura de Pontevedra a capital española de la gastronomía
Por Manu Otero |
-
O Avoa Fest recupera o patrimonio gastronómico e homenaxea ás avoas e ás súas receitas
Por Redacción |
-
'O galo que comeu a navalla' de Sergio Roma (O Souto), vencedor da 'Batalla das Cunchas'
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
"En Pontevedra tenéis unas rías magníficas. El producto que dan es de lo mejor que hay"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O barrio da Moureira recibe o primeiro Premio Gastronómico "Loureiro de Ouro" da Festa das Cunchas
Por Redacción |
-
A hostalería de Pontevedra activa o roteiro da Festa das Cunchas
Por Redacción |
-
Primeiros pasos da marca Pontevedra Capital Gastro para converter a cidade en referente gastronómico
Por Redacción |
-
'Pontevedra Capital Gastro' comeza a súa andaina para impulsar os sectores do turismo, hostalería e alimentación
Por Mónica Patxot & Redacción |