Dúas persoas resultan feridas nunha colisión por alcance en Paredes
Por Redacción
Dous vehículos chocaban na mañá deste martes 15 cando circulaban por Vilaboa. O servizo de Emerxencias do 112 Galicia recibía varias chamadas de particulares, ao redor das 09.00 horas, para alertar de que dous turismos entorpecían a circulación pola Nacional-550.
Os dous turismos protagonizasen unha colisión por alcance cando circulaban polo punto quilométrico 131, á altura de Paredes. Desde o 112 avisaron aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Protección Civil de Vilaboa e tamén de Soutomaior.
Desde Protección Civil de Soutomaior avisaban de que dúas persoas habían resultado feridas polo impacto e estaban a ser atendidas polos servizos sanitarios do 061 no mesmo punto do accidente. Tamén se alertaba ao persoal de mantemento de estradas e ao Centro de Xestión de Tráfico para que se restablecese a circulación con normalidade nesta transitada vía.