Corte de tráfico en Loureiro Crespo e Casimiro Gómez
Por Redacción
Este mércores, 16 de xuño, entre as 9:30 e as 19 horas está previsto un corte de tráfico na rúa Loureiro Crespo, no tramo comprendido entre as rúas Casimiro Gómez e Gonzalo Gallas.
Ao día seguinte, xoves 17 de xuño, entre as 9:30 e as 13:30 horas cortarase o tráfico na rúa Casimiro Gómez, no tramo comprendido entre Loureiro Crespo e Gerardo Álvarez Limeses.
Ambos cortes corresponden cos traballos de reforma da rúa Loureiro Crespo.
Durante a xornada do mércores os accesos aos garaxes do tramo de Loureiro Crespo, entre as rúas Gonzalo Gallas e rúa Casimiro Gomez, serán por Gonzalo Gallas desde San Antoniño ou desde Gerardo Álvarez Limeses por Casimiro Gómez. Estre tramo de rúa contará con dobre sentido de circulación.
Os garaxes de Antón Fraguas e Urxencias Pedriáticas do Hospital Provincial accederán por Gonzalo Gallas desde San Antoniño ou dende Gerardo Álvarez Limeses por Casimiro Gómez.
Durante a xornada do xoves os accesos aos garaxes do tramo de Casimiro Gómez, entre as rúas Gerardo Alvarez Limeses e rúa Padre Fernando Olmedo, Padre Amado Carballo e Gerardo Álvarez Limeses, serán por San Antoniño. E os garaxes da rúa A Seca, entre as rúas Casimiro Gomez e Xosé Malvar, accederán por Padre Fernando Olmedo.