A Festa do Marisco despacha na súa primeira fin de semana 33.015 racións
Por Oskar Viéitez
O primeiro balance oficial da Festa do Marisco pechado este domingo rexistrou a venda de 33.015 racións e unha facturación de 160.207 euros, unha cantidade semellante á do pasado ano.
A carpa do Corgo rexistrou un bo ambiente durante toda a fin de semana no que a organización programou unha morea de actividades como a charla dos carteis e a homenaxe ao creador dos primeiros cartaces da festa. A Cociña en Vivo, con Rodri que ensinou a preparar o polbo, ou a actuación da Escola de baile Cantodorxo ademáis da regata de dornas a vela, Trofeo Festa do Marisco. Desta volta, volveron gañar os remeiros da Illa de Arousa. Os da casa quedaron segundos e os de Portonovo en último lugar.
Entre o máis celebrado o concerto de The 60's Show Band.
Foi tamén un éxito o ShowCooking con rodaballo de "Insuíña", o cociñeiro foi César García do Restaurante Misturas que preparou un "rodaballo guisado con manitas de cerdo" e tamén un cebiche de rodaballo.
Os marisquiños desfilaron pola festa. Tamén se fixo un recibimento a un grupo de persoas da terceira idade e persoas con discapacidade de San Juan de la Rambla (Tenerife), que están a visitar estes días O Grove por motivo da Festa do Marisco.
O grupo de baile Paradanda amenizou a tarde do domingo mentres seguía a Cociña en Vivo, nesta ocasión, a confraría encargouse de mostrar como se preparan as ortiguillas de mar. A cociñeira elexida foi Luciana Ruso do Restaurante Culler de Pau.
Relacionadas:
-
A Festa do Marisco bota o peche con 92.000 porcións vendidas
Por Redacción |
-
O Grove encara a recta final da Festa do Marisco
Por Redacción |
-
A 51 Festa do Marisco do Grove xa ten cartel... e data, do 2 ao 12 de outubro de 2014
Por Redacción |
-
Grande afluencia de xente á mariscada do Grove
Por Redacción |
-
Pilar Cernuda inaugura unha Festa do Marisco ao ritmo de Pitingo, Merche e Natalia
Por Redacción |
-
Un brinde polas súas vodas de ouro marca o inicio da Festa do Marisco do Grove
Por Redacción |